Página principal

miércoles, 7 de octubre de 2020

PRESENTACIÓN CURSO 2020-2021

Estimadas familias,


Desde o Departamento de Orientación do CEIP Plurilingüe da Rabadeira queremos facervos chegar algunhas consideracións.


A educación dos vosos fillos/as é cousa de todas e todos!


Sabemos que ninguén coma vós para coñecer aos vosos fillos e fillas por iso é fundamental a vosa colaboración e precisamos que nos facilitedes a maior información acerca deles.

Para que poidamos contribuir coa vosa labor educativa precisamos dunha fluída relación familia-escola. Contades co titor/a dos vosos fillos/as e co Departamento de Orientación para apoiarvos en todo o que precisedes.

O titor/a debe ser a persoa de referencia e deberíades manter unha reunión ao trimestre para informarvos da evolución do voso fillo/a e adoptar conxuntamente as medidas oportunas, de ser necesarias.

Debedes confiar nos consellos e orientacións do titor/a e en caso de dúbida ou calquera inquietude podedes acudir ao DO.

A Orientadora é un membro do equipo docente que vos pode asesorar na labor educativa e orientarvos na procura de solucións aos problemas que poidan xurdir.


Precisamos a vosa axuda


Precisamos que nos facilitedes a maior información a cerca deles, tanto no comezo da súa escolarización como se xurden algún tipo de problema ao longo da mesma (alerxias, problemas de saúde, necesidades educativas especiais, situacións legais de custodia e patria potestade…, ou calquera outro aspecto que consideredes oportuno).


Esperamos participedes activamente na educación dos vosos fillos e fillas, actividades de centro…, e estamos abertos ao diálogo e calquera suxerencia ou opinión que consideredes oportunas.


Que é o Departamento de Orientación?


É un equipo de Mestres de Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapeútica coordinados pola Orientadora do centro.

Ten como finalidade acadar a cooperación de toda a comunidade educativa para lograr o desenvolvemento persoal, social e académico de todo o alumnado do Centro. É unha ferramenta máis para facilitar o asesoramento, intervención e seguemento psicopedagóxico ao profesorado, alumnado e familias.


Obxectivo principal


Asesorar ás familias en diferentes temas psicopedagóxicos, así como tamén, ao profesorado para mellorar a labor educativa de todos e todas. Así mesmo, o Departamento, en colaboración coa familia e profesorado teñen como labor fundamental previr e/ou detectar aqueles problemas que se poidan presentar dentro dos procesos de ensinanza/aprendizaxe.



Gracias pola vosa colaboración 

 

 

 

Un Saúdo

 

Esther - PT

Mónica - PT

Carolina - PT

Teresa - AL

Esther - AL

Rosa - Orientadora


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario