-->

lunes, 1 de junio de 2020

Comeza xuño con letras!

Bo día rapazas e rapaces!

Hoxe estamos de estrea, comezamos un mes novo! Cando chega xuño, sabemos que o verán está á volta da esquina, e o verán é case sinónimo de diversión.

Arrincamos a semana coas seguintes actividades interactivas, que temos por seguro que vos gustarán.

Aquí está o Monstruo come sílabas! Coa fame que ten adícase a zampar anacos de palabras. Pero... que palabras novas aparecen despois?
Creado por Beatriz Álvarez


Para aquelas e aqueles que saiban ler e escribir  traémosvos este grupo de actividades. Cal vos gusta máis?
Creado por Beatriz Álvarez


Para finalizar... outro xogo espeluznante para maiores. Escolle a palabra correcta para completar cada oración nesta mansión encantada. Ándate con ollo!

Fonte: aulaPT


Feliz semana!

No hay comentarios:

Publicar un comentario