Esta semana vai de códigos e retos... así que hoxe tamén poremos a traballar esa cabeciña.
Seredes capaces de averiguar cal é o valor de cada debuxo da ecuación?
Poderedes argallar a maneira de resolver o reto dos escarvadentes?
Recordade que "a paciencia é a nai de todas as ciencias" e animádevos a intentalo!
- A que número equivale o leite, a magdalena e a infusión?
Fonte: orientacionandujar.es
- Colle 12 escarvadentes e colócaos como ves na imaxe. Podes transformar estes catro cadrados en tres con só tres movementos de escarvadentes?
Sei que eres impaciente, pero busca as solucións na publicación que poremos o día 18 de xuño!😉
Ata outra!
No hay comentarios:
Publicar un comentario